I Forum Transfronterizo

O «Penedo Teimporta», bronce no IV Torneo da Liga Iberdrola de kaiak polo

A Malata, no Ferrol, acollía esta fin de semana a disputa do IV torneo da 1ª División Nacional Iberdrola de kaiak polo. As rapazas do Penedo Teimporta batíanse cos mellores equipos do panorama nacional nesta modalidade deportiva. As de Tui, quedaban fora da final A, ao perder no encontro de semifinais por unha estreita marxe.

Na final B, as padeeiras do Penedo Teimporta impoñíanse con autoridade acadando unha máis que merecida medalla de bronde. É, sen dúbida, un gran resultado que non fai máis que confirmar o bo estado de forma das padeeiras do club tudense que poñían, desta forma, o broche final a unha gran tempada.

liga nacional kayakpolo 2018 bronce 02