Tui

Tui propón unha nova rebaixa de impostos

O Grupo de goberno do Concello de Tui vai promover unha nova rebaixa de impostos de competencia municipal, en concreto o Goberno que preside Carlos Vázquez Padión proporá unha modificación das ordenanzas fiscais que regulan o IBI ( Imposto de Bens Inmobles) e o IAE (Imposto de Actividades Económicas).

  • 0

Este domingo péchase o programa «Tralas Pegadas do Tempo» de Tui

O programa «Tralas pegadas do tempo» organizado pola concellería de Patrimonio e Cultura do Concello de tui realizará este sábado, 15 de setembro, a derradeira visita das catro programadas, que comezaron no mes de agosto.

Este sábado anticípase a hora de saída ás 20 h no aparcamento próximo a capela de San Xiao no Monte Aloia. A primeira actividade será un percorrido pola muralla ciclópea do Aloia, e posteriormente os participantes achegaranse ás mámoas de Chan Longa, situadas preto do parque infantil do cumio. Como remate haberá un obradoiro de fundición no que os participantes crearán un machado de bronce. A duración estimada da actividade é de hora e media ou dúas horas.

A muralla ciclópea do Monte Aloia conta con gran importancia pese a ser unha gran descoñecía. En realidade se trata de tres recintos fortificados con carácter defensivo cuxas dimensións serían próximas ás de sumar os conxuntos históricos de Tui, Santiago e Lugo. Os participantes na visita deste sábado poderán coñecer máis da súa orixe, dimensión, e poboacións que tivo.

Lembramos que a visita ten un cupo de 50 persoas e é preciso inscribirse a través do whatsapp 610 70 34 88. Cómpre lembrar que a hora de partida será ás 20h do aparcamento próximo á capela de San Xián no cumio do monte.

  • 0

Tui reclama ás aseguradoras a revisión dos expedientes non resoltos de Paramos

O Concello de Tui estase a dirixir escritos a distintas compañías aseguradoras co obxectivo de que "revisen os expedientes non resoltos dos seus asegurados afectados pola explosión do pasado 23 de maio no barrio da Torre, en Paramos". Ao tempo dende o Concello solicítase "que busquen o xeito de resarcir a totalidade dos danos sufridos por cada un dos seus asegurados, sen perder de vista a excepcionalidade deste sinistro".

  • 0

Dezaseis cunchas de bronce sinalizan o Camiño Portugués en Tui

Dezaseis sinais de bronce coa forma dunha cuncha marcan o Camiño Portugués de Santiago dende a vella Ponte Internacional até a ponte na Veiga do Louro, ao longo seu percorrido polo centro urbano de Tui. As cunchas foron cedidas polo S.A. Xacobeo e o Concello de Tui encargouse da tramitación da autorización ante Patrimonio e da súa colocación.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS