Tomiño

Tomiño mellora as instalacións e o equipamento do mercado municipal

O Concello de Tomiño está a realizar melloras no mercado municipal de abastos, obras que afectan tanto ás instalacións como ao propio equipamento de ditas instalacións. As obras inclúen un sistema de climatización, ventilación do primeiro andar e sistema de control solar nos lucernarios. As melloras beneficiarán aos praceiros e praceiras para os que tamén se deseñará unha liña formativa orientada á mellora nas técnicas de venda.

A Caravana Feminista chega a Tomiño o vindeiro 12 de outubro

O Concello de Tomiño participa de forma activa na Caravana Feminista que chega ao municipio o vindeiro luns 12 de outubro e que forma parte da IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. A Caravana arrancou o 8 de marzo dende Kurdistán e rematará o 17 de outubro en Portugal.

Tomiño axuda ás entidades de carácter social

O Concello de Tomiño vén de conceder unha liña de axudas a entidades de carácter social que beneficia a máis de 1.000 usuarios e usuarias das entidades beneficiadas. Nas bases para a concesión destas axudas, priorizábase o interese social e o programa de actividades desenvolvidas polos colectivos presentados así como o número de beneficiarios directos e indirectos.

Tomiño énchese de Teatro no seu "Outono Cultural"

O Concello de Tomiño comezou onte a programación do seu "Outono Cultural" co espectáculo de Avelino González "Filosofando" protagonizado por Xavier Deive e Luis Iglesias. A programación programada para este mes de outubro "amosa o compromiso de Tomiño co teatro de calidade".

Suscribirse a este canal RSS