Tomiño

O Baixo Miño adapta o seu agro para un desenvolvemento sostible

Cambio climático, contaminación, despoboación... son algúns dos problemas máis importantes aos que se enfronta o agro, un sector que no Baixo Miño leva tempo traballando e esforzándose por convertese en motor de desenvolvemento sostible da comarca, tanto a nivel ambiental como económico e social. Por este motivo, as empresas do sector levan tempo implementando sistemas de optimización enerxética e de recursos.

Pepe Carreiro presentou en Tomiño unha nova aventura dos Bolechas

O creador dos ‘Bolechas’, Pepe Carreiro, acompañado pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e as concelleiras de Medio Ambiente e Cultura, María Xosé Vázquez e Cristina Martínez, respectivamente, presentou na mañá de hoxe na Casa do Concello a súa guía ‘Os Bolechas limpan Tomiño’. A través dun detallado percorrido polo municipio, Os Bolechas amosan, a través de sinxelos textos e magníficas ilustracións, a necesidade de manter o medio natural limpo de lixo e como se pode contribuír a protexer o entorno a través da reciclaxe e a compostaxe.

O sector agro do Baixo Miño despega nos mercados internacionais

O sector agro no Baixo Miño é unha actividade produtiva cun grande impacto social e económico na contorna, cunha actividade de produción crecente e con cada vez máis peso en todas as súas subáreas: a planta ornamental, a flor, a froita e o viño, así como os servizos auxiliares. Máis de 1.000 hectáreas de produción, máis de 1.120 persoas empregadas en tempada alta e unha facturación de case 68 millóns de euros anucia reflicten a importancia do sector en termos de produción, rendabilidade e impacto social.

O Auditorio de Goián acolle, o sábado, a V Gala do Deporte de Tomiño

Todo está disposto para que o Auditorio de Goián acolla, o vindeiro sábado, 9 de marzo ás 20 horas, a quinta edición da «Gala do Deporte» que, como novidade, ofertará unha fantástica «xornada multideporte» para os máis cativos. Nenos e nenas poderán practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, etc., de 17.00h a 20.00h no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio.

Suscribirse a este canal RSS