Tomiño

Nais e pais de Cerveira e Tomiño planifican xuntos actividades lúdico-educativas

As asociacións de nais e pais de Vila Nova de Cerveira e Tomiño (ANPAs) comezaron a planificar a pasada semana, as actividades dos proxectos gañadores no Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2019. Trátase de dous proxectos impulsados conxuntamente polas asociacións de pais e nais dos dous concellos, que durante o proceso de votación obtiveron máis do 50% dos votos e serán desenvolvidos ao longo deste ano, cadanseu cun orzamento de 10.000 euros.

Gemma Marqués presentou o proxecto «Anónimas» no Mercado Municipal de Tomiño

O Mercado Municipal de Tomiño acolleu a presentación do proxecto «Anónimas» da artista guardesa Genma Marqués e que da nome á exposición que, ata o vindeiro 11 de marzo, está aberta ao público no Mercado tomiñés. A iniciativa, enmarcada dentro da Axenda de Primavera do Concello de Tomiño, busca visibilizar e pór en valor o papel das mulleres 'correntes' que traballan de forma anónima por un mundo máis igualitario.

CRA Mestre Manuel Garcés de Tomiño, vinte anos educando no rural

O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, un dos máis grandes de Galicia, con máis de 150 nenos e nenas de entre 3 e 5 anos, repartidos en 13 aulas espalladas polo rural, organiza unhas xornadas de portas abertas entre o 25 e o 28 de febreiro, de 10:00 h a 13:00 h, co fin de dar a coñecer á poboación a existencia do centro, o seu método de traballo e por en valor a escola rural como modelo pioneiro a nivel educativo.

Tomiño e Goián prepáranse para celebrar os seus Entroidos máis tradicionais

O desfile de Entroido «Venres de Foliada 2019» encherá as rúas de Tomiño na noite do 1 de marzo, a partir das 21.30h no núcleo do Seixo. Unha trintena de comparsas serán as protagonistas deste especial desfile, un dos máis multitudinarios da comarca no que máis de 1.500 persoas, chegadas dende distintos puntos da provincia, percorrerán as céntricas rúas tomiñesas, marcándose, coma vén sendo habitual, a saída no colexio Pedro Caselles.

Suscribirse a este canal RSS