Tomiño homenaxea o traballo dos seus deportistas

O Concello de Tomiño celebra esta fin de semana, no auditorio de Goián as 20:30 h, a segunda edición da Gala do Deporte, un acto, conducido polo presentador da TVG, Terio Carrera, co que se quere recoñecer o traballo desenvolvido polos deportistas tomiñeses no ano 2015. Deste xeito o concello de Tomiño quere pór en valor o traballo levado a cabo por clubes e deportivas ao longo da pasada tempada. Os galardóns e recoñecementos atenderán a varias categorías que van dende mellor evento deportivo a mellor deportista masculino e femenino.

Ademáis, no decurso da gala farase un pequeno homenaxe a Lito Oliveira pola súa traxectoria no fútbol de base. Lito Oliveira comezou sendo xogador do Tomiño Fútbol Club, período no que o Tomiño xuvenil se fixo co galardón de campeóns na termporada 1969-1970. Posteriormente formou parte da plantilla do Tomiño Fútbol Club na categoría aficionados. Mais Lito Oliveira a persares de que desenvolveu os seus comezos no Tomiño, é coñecido polo súa traxectoria do Goián Fútbol Club. No Goián foi xogador durante varias tempadas. Posteriomente integrou os diferentes equipos directivos acadando o equipo varios premios. Ademáis, formou parte dos Veteranos de Goián, club que no ano 2012 se fixo co máximo galardón na súa categoría. Participou de forma activa en varios eventos deportivos como o Campus de Fútbol.