Tomiño acolle, o 23 de decembro, a 'I Carreira de Nadal Tomiño 2018'

O Concello de Tomiño, en colaboración co Club Atletismo Trega organiza a 'I Carreira de Nadal Tomiño 2018', que terá lugar o día 23 de decembro próximo. As inscricións son totalmente de balde, podendo formalizalas a traves do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben presencialmente o mesmo día da proba. Ao remate, chocolate quente para todas as persoas participantes.

Esta 'I Carreira de Nadal Tomiño 2018' disputarase nas categorías Absoluta Masculino/Feminina con 4.5 quilómetros de percorrido e con saída ás 11:00; Alevíns Masculino/Feminino 1:5 Km (11:30 h); Infantís Masculino/Feminino 1:5 Km (11:30 h); Cadetes Masculino/Feminino 1:5 Km (11:30 h); Benxamíns Masculino/Feminino 600 metros (11:40 h); Prebenxamíns Masculino/Feminino 250 metros (11:50 h) e Pulgas Masculino/Feminino 100 metros (12:00 h).