David Regades e Sandra González estudan vías de colaboración co Baixo Miño

A visita realizada pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, ao delegado de Zona Franca puxo sobre a mesa o interese de ambos por iniciar estudos para unha posible colaboración que teña como obxecto o desenvolvemento dos sectores produtivos do Baixo Miño.

Sandra Gonzalez, que asistiu acompañada do concelleiro de Planificación Territorial, Uxío Benítez, trasladou a David Regades o interese do concello tomiñes en levar adiante co apoio de Zona Franca diversas iniciativas de mellora para esta comarca.