Tomiño

Tomiño licita os catro postos de venda da praza de abastos de Goián

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou este martes 12 de decembro a licitación para a concesión de uso dos catro postos de venta situados na recentemente remodelada praza de abastos de Goián, pensados para dotar ao mercado dos servizos dunha carnizaría, unha peixaría, unha froitaría e unha floraría.

  • 0

Tomiño enche o seu programa de Nadal de actividades para a infancia e a familia

Tomiño gozará dun Nadal cheo de diversión pensada en especial para o disfrute de nenos e nenas pero tamén con ofertas de lecer para toda a familia. Coas festas á volta da esquina, o pistoletazo de saída da programación chegará da man da Agrupación Musical de Goián, que ofrecerá un Concerto de Nadal o vindeiro domingo 17 de decembro ás 18.00 horas no Auditorio de Goián. Como ven sendo habitual, na entrada haberá que entregar un quilo de alimentos que serán doados a SOS Tomiño.

  • 0

Tomiño tramitou 137 denuncias pola limpeza de fincas para prevención de incendios

Dentro das medidas adoptadas para evitar os lumes e cumprir a normativa autonómica de prevención e defensa contra incendios, o Concello de Tomiño tramitou este ano 2017 un total de 137 denuncias, 29 de elas de oficio, para que se aplicara a lei e os propietarios e propietarias executaran as medidas pertinentes tanto en solares abandonados como en zonas que, aínda estando en terreo de núcleo rural, son forestais e continúa na maioría dos casos cara a terreo forestal.

  • 0

Tomiño recolle catro toneladas de roupa usada nos últimos dous meses

O servizo de recollida selectiva de roupa e téxtiles usados tivo unha acollida moi boa por parte dos veciños e veciñas de Tomiño, como o demostra o feito de que nos dous primeiros meses de funcionamento desta iniciativa, o Concello xa recolleu preto de 4.000 quilos de material téxtil, unha cifra moi elevada que, o Goberno local, agarda manter e incluso superar nos vindeiros meses.

  • 0

Tomiño remata as obras de remodelación do mercado de Goián

O Concello de Tomiño vén de dar por rematados os traballos de remodelación da praza de abastos de Goián, ─reconstrucción segundo un novo concepto, habería que dicir─ o que converte ao mercado de abastos da parroquia nunha instalación moderna, humanizada e conseguindo que o recinto, como xa o fixera coa marabilla que é a praza de abastos do Seixo, sexa "un recinto de oportunidades" como se sinala dende o Concello.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS