«Festival do Rei Sol», do 15 ao 17 de setembro en Oia

Comeza a conta atrás para o «Festival do Rei Sol», que todos os anos organiza a Asociación Costa dos Castros e que este ano se celebrará do 15 ao 17 de setembro en Oia ofrecendo unha serie de actividades gratuítas pensadas para tódalas idades. Teatro, charlas e narración oral, talleres infantís e unha andaina son as diferentes propostas que inclúe este evento baseado na convivencia, a cultura e a posta en valor do patrimonio material e inmaterial.

Os actos centrais do Festival do Rei Sol, evento que toma o seu nome dunha lenda vinculada ao castro de Cano dos Mouros (Viladesuso), desenvolveranse o domingo 17 no propio castro. Alí terá lugar unha visita guiada, unha representación teatral, a observación do solpor acompañada de música e o espectáculo Os Contos do Rei Sol de Avelino González. Tamén haberá postos de comida e bebida, grazas á colaboración veciñal.

Nos días previos ao domingo tamén haberá actividades culturais vinculadas co patrimonio, neste caso repartidas por diversos puntos de municipio de Oia. Así, o venres 15 se celebrará un taller infantil de arqueoloxía e o sábado 16 haberá unha andaina e outro taller infantil, neste caso de elaboración de traxes castrexos. Ese mesmo día celebrarase a charla-coloquio titulada Pactos de Hospitalidade e colaboración na Galicia Romana, con Sonia María García García (autora da novela Toca, el oro de la Gallaecia).

No caso dos talleres infantís e a andaina as prazas son limitadas, polo que cómpre inscribirse no teléfono ​689 35 57 13.

O festival, organizado pola Asociación Costa dos Castros xunto co Concello de Oia, e co financiamento da Deputación de Pontevedra dentro do Ano do Patrimonio; é posible grazas a implicación e participación da veciñanza e diversos colectivos de Viladesuso, nomeadamente a Asociación de Veciños, A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, A Fiada e o grupo de teatro O Mellor de Cada Casa. Con esta cita cultural preténdese fomentar a convivencia entre veciños e visitantes de Oia, poñer en valor o patrimonio local e concienciar sobre a necesidade de preservalo para as vindeiras xeracións.


FESTIVAL DO REI SOL 2017. PROGRAMACIÓN

Venres, 15 de setembro
19.30 horas: Taller infantil: Pequeno Laboratorio Arqueolóxico. Prazas limitadas. Require inscrición. C.C. de Pedornes
20.30 horas: Teatro. O que hai que ver, de Fulano, Mengano e Citano. C.C. Pedornes. Dentro da programación de Cultura no Camiño (AGADIC).

Sábado 16 de setembro
10.00 horas. Andaina por Viladesuso. Prazas limitadas. Require inscrición.
17.00 horas. Taller infantil de traxes castrexos. Prazas limitadas. Require inscrición. C.C. de Oia.
18.00 horas. Charla-coloquio Pactos de Hospitalidade e colaboración na Galicia Romana, con Sonia María García García. Entrada libre. C.C. de Oia.

Domingo 17 de setembro
Actos no castro de Cano dos Mouros (Viladesuso)*:
-18.00 horas: Visita guiada no castro.
-19.00 horas: Representación teatral a cargo do grupo O mellor de cada casa. Contemplación do solpor amenizada pola Fiada de Viladesuso.
-21.00 horas: Espectáculo Os contos do Rei Sol, de Avelino González.

En caso de chuvia a festa trasladarase ao C.C. de Viladesuso.