Oia

Oia inviste 28.000 euros en distintas actuacións de revalorización do patrimonio

Oia vén de estrear a sinalización turística da contorna do Mosteiro de Santa María e o barrio histórico do Arrabal. Esta nova sinalización é froito dun conxunto de actuacións que contaron cun investimento total de 28.070,08 euros por parte do Concello e que abrangueron a a instalación de nove placas informativas en distintos puntos do Arrabal, dun tótem de benvida ao mosteiro e dunha mesa interpretativa na Praza da Centinela.

  • 0

A veciñanza de Oia poderá comunicar as incidencias ao Concello dende o móbil

O Concello de Oia vén de dotarse da app Línea Verde, un sistema co que a veciñanza pode comunicar directamente, desde o seu teléfono móbil, as incidencias e danos no equipamento urbano da localidade. Esta ferramenta de participación cidadá ofrece un servizo rápido e sinxelo de usar para a cidadanía que, ao mesmo tempo, permite ao Concello coñecer as necesidades que existen no municipio e poder dar unha resposta o máis áxil posible.

  • 0

Oia acolle, esta semana, unha acción formativa do programa «Conectadas» da Deputación

Este luns, 20 de agosto, comezará en Oia un curso formativo sobre ximnasia de mantemento organizado pola Asociación de Mulleres Rurais e desenvolverase os luns na Casa do Pobo e os mércores nas Escolas de Lourezá, en horario de 21:00 a 22:00 h. Ás accións formativas de «Conectadas»poden sumarse tanto homes coma mulleres e o obxectivo é promover e traballar na igualdade entre homes e mulleres.

  • 0

Montse Magallanes supervias as obras do Plan Concellos en Oia

A deputada de Emprego, Montse Magallanes, visitou onte as actuacións postas en marcha en Oia coas achegas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para a rede de saneamento no camiño Videira (Viladesuso) e para a rehabilitación de lavadoiros en Vilar (Pedornes). Para estas iniciativas o Goberno provincial investiu 25.994,94 euros.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS