O Rosal

A «III BTT Ruta do Viño Rías Baixas» pasará polo Rosal e Tomiño

A Ruta do Viño Rías Baixas celebrará o domingo 21 de outubro, a terceira edición da BTT Ruta do Viño Rías Baixas, na que os organizadores esperan un novo éxito de convocatoria, con máis de 250 participantes. Esta terceira edición trasládase a O Rosal e foi presentada onte no Pazo de Mugartegui. A proba contará cun percorrido de de 45,5 quilómetros, discorrerá entre os concellos do Rosal e Tomiño e terá o seu punto de inicio e finalización na Praza do Concello do Rosal.

  • 0

Medio Rural destinou máis de 120.000 euros para mellora de camiños municipais do Rosal

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantivo unha xuntanza coa alcaldesa do Rosal, María Alonso, para analizar a situación actual deste municipio pontevedrés en canto ao acondicionamento dos camiños de titularidade municipal, que redundan nunha mellora da calidade de vida dos veciños. A conselleira salientou que nos últimos tres anos a partida orzamentaria destinada a este municipio dentro do Plan Marco de mellora de camiños foi de 122.550 euros, sendo a contía para este ano de 38.509 euros.

  • 0

A Deputación aproba dúas novas achegas ao Rosal ao abeiro do Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolucións provinciais, dúas novas axudas ao Concello do Rosal por un valor total de 30.337,26 euros ao abeiro do Plan Concellos 2018. Dentro destes investimentos, 25.285,21 euros irán destinados á mellora da senda peonil de pescadores e 5.052,05 á merca de equipamento de recollida selectiva de lixo.

  • 0

Montse Magallanes supervisa no Rosal as obras do Plan Concellos nos edificios municipais

A deputada de Emprego da Deputación de Pontevedra, Montse Magallanes, acompañada pola acaldesa do Rosal, María del Carmen Alonso, visitou onte as actuacións postas en marcha coas achegas do Plan Concellos para a restauración de cubertas en varios edificios municipais. O Goberno de Carmela Silva destinou a estas iniciativas 154.334 euros que serviron para a intervención nas cubertas de varios edificios destinados a escolas unitarias, así como á vivenda do centro médico rural de San Miguel.

  • 0

Éxito do «I Trail Adventure Muíños do Folón»

José Penas, María Ferreiro, na proba de 21 quilómetros, Jesús Costas e Lorena González, na de 12 quilómetros, foron os gañadores do I Trail Adventure Muíños do Folón que se disputou no Rosal. A xornada deportiva, en que se incluíu unha ruta de sendeirismo, foi un éxito de participación, xa que foron un total de 500 os deportistas que tomaron parte en ambas as probas.

  • 0

O Rosal recibe «Sorrisos transformadores» a mostra integradora da Deputación

A deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, acompañada polo alcalde do Rosal, Jesús María Fernández, asistirá este mércores, ás 13:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal, á charla que impartirá Cristina Palacios, presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans* ARELAS, na que afondará sobre a situación do colectivo LGTBI, aportará a súa experiencia persoal e responderá ás dúbidas e cuestións que poidan xurdir.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS