A escola da Agrupación Musical de Goián, no Certame de Coros de Ferrol

Máis de trinta nenos e nenas da escola de música da Agrupación Musical de Goián, participarán mañá sábado, no Certame de Coros Infantiles que se celebra no Auditorio de Caranza en Ferrol organizado polo prestixioso Conservatorio Profesional ferrolán. Ademáis do coro de Ferrol e de Goián, no certame participarán os coros de Santiago de Compostela e de Lugo.

O certame, terá lugar este sábado ás 19:00 h no Auditorio de Caranza, é un evento no que ademáis do Coro da Escola de Música participan os coros de Grao Elemental do Conservatorio de Música de Santiago de Compostela, o Coro Infantil do Conservatorio de Música de Xoán Montes de Lugo e o o Peque Coro do Xan Viaño do Conservatorio de Música de Ferrol que actúa como organizador e anfitrión do evento.

A Escola de Música tomiñesa xa tivo oportunidade de presentar ao grupo de coro creado no curso 2014-2015, no concerto estival celebrado na Praza Antonio Fernández de Goián. Ao Ferrol acudirán 37 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e 15 anos que presentarán, para a ocasión, un repertorio fresco, actual e moderno. Cantarán un total de sete obras tendo, a súa actuación, unha duración prevista de 20 minutos.

Esta será unha boa ocasión para pór en valor o traballo levado a cabo no grupo de coro e servirá para levar o nome de Goián e Tomiño a outros puntos da xeografía galega. O profesor encargado das aulas e da actividades de coro é Bruno Díaz.