A Guarda

Manuel Benito Lomba Portela, o centenario da Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Servizos Sociais, Teresa Vicente e o primeiro tenente de alcalde, Miguel Español, visitaron este mércores a Manuel Benito Lomba Portela, que ven de celebrar o seu 100 cumpre anos. Manuel Benito recibiu con sorpresa aos representantes municipais, acompañado dos seus familiares e agradeceu a súa visita, onde aproveitou para falar co Alcalde, da súa participación na Guerra Civil e algunha anécdota sobre a súa relación co concello coma Policía Municipal.

A Guarda vístese de Nadal

O Nadal chegou este mércores á Guarda e nin a choiva fon quen de impedir que veciños e veciñas déranse cita na Praza do Reló para asistir ao sempre atractivo —máis se cadra para os máis pequenos— acendido do alumeado do Nadal. As luces anunciaban ademáis, o inicio dunha programación de actividades extensa e variada na que destacan o teatro, a animación musical polas rúas, os concertos de panxoliñas, os obradoiros de decoración, as chocolatadas, a instalación por primeira vez na vila dunha pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis.

A Guarda instala novos puntos de recollida de aceite usado

A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda ven de instalar novos puntos de recollida de aceite de cociña usado dentro dunha campaña para evitar que este tipo de aceites, altamente contaminantes, se vertan a rede de saneamento, contribuíndo ao medio ambiente e favorecendo a reciclaxe destes materiais para xerar biodiesel, facendo fincapé na economía circular.

A Guarda promove a utilización da compostaxe doméstica

O Concello da Guarda ven de adherirse un ano máis á Campaña promovida dende Sogama e a Xunta de Galicia para facilitar a compostaxe doméstica cunha nova entrega de 50 composteiros individuais entre a poboación. Deste xeito o Goberno que preside Antonio Lomba reafírmase na súa aposta pola compostaxe. Entre o ano 2014 e 2017 o Concello da Guarda ten entregado xa máis de 170 composteiros individuais o que fai neste ano 2018 un total de 220 composteiros.

A Guarda expón todo o seu potencial turístico na Ponte da Constitución

O Concello da Guarda vén de dar a coñecer todos os horarios que terán os seus servizos turísticos de cara a que poidan ser aproveitados por veciñanza e visitantes durante esta ponte da Constitución. Non se pode esquecer que a Guarda, nun reducido espazo xeográfico reúne unha enorme cantidade de elementos históricos, culturais, etnográficos e patrimoniais difíciles de encontrar, cando menos todos xuntos, noutros concellos.

O acendido do alumeado de Nadal marca o comezo dunha ampla programación na Guarda

O Nadal chega á Guarda cunha programación de actividades extensa e variada que se presentaron o pasado venres día 30 de novembro por parte da Concelleira de Cultura, Elena Baz; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes. Teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis, son algunhas das actividades previstas dende o 5 de decembro ata o 6 de xaneiro.

Suscribirse a este canal RSS