a guarda 2019

A Guarda

A deputada provincial Montserrat Magallanes inaugura a mostra «Nado en pedra» na Guarda

A deputada provincial de Emprego e concelleira no Concello da Guarda, Montserrat Magallanes, acompañada polo alcalde, Antonio Lombra, inauguraron o pasado sábado no Castelo de Santa Cruz a exposición escultórica «Nado en pedra», elaborada por alumnos da Escola de Cantería. Ao acto de inauguración tamén a directora da Escola de Cantería, Concepción López Paz; o director técnico e mestre escultor da mesma, Enrique Velasco e outros membros da Corporación municipal.

A mostra «Nado en Pedra» da Escola Provincial de Cantería, chega á Guarda

A partir de mañá, 23 de marzo, o Castelo de Santa Cruz acollerá nos seus xardíns a exposición de escultura «Nado en pedra», realizada polo alumnado da Escola de Cantería de Pontevedra. A inauguración oficial da colección celebrarase este sábado, 24 de marzo, contando coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba.

Os Socialistas da Guarda trasladan o problema do esteiro do Miño ao Parlamento

Na mañá do venres 16 de marzo visitaron a zona do esteiro do Miño, que está sufrindo estragos no litoral, a deputada do parlamento Galego e portavoz de medio ambiente do grupo socialista, Patricia Vilán, e o deputado no parlamento Español, pola provincia de Pontevedra, Guillermo Meijón que, acompañados polos membros do equipo de goberno municipal, puideron coñecer de primeira man os efectos destrutivos que o río está a producir en dous puntos do litoral: a zona da praia Lamiña-O Forte e a zona do Codesal.

Firme compromiso da hostalería da Guarda coa calidade turística

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, recibiron esta mañá aos responsables dos seis establecementos guardeses que veñen de conseguir o distintivo SICTED (Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destinos), un recoñecemento promovido polo Instituto de Turismo de España (TURESPAÑA) que da conta do seu «Compromiso de Calidade Turística».

Suscribirse a este canal RSS