a guarda 2019

A Guarda

A Guarda instala unha marquesiña de autobús na Gándara ante a "pasividade" da Xunta

O Concello da Guarda vén de instalar unha nova marquesiña de autobús, na que acubillarse da choiva e o frío, ou simplemente sentarse, mentres agardan o autobús na parada situada na estrada PO-552. O Concello guardés optou pola súa instalación con fondos propios, logo de que se lle viñera reclamando á Xunta de Galicia, titular da estrada, a reparación da antiga marquesiña dende o ano 2017. Agora, o Goberno local esixirá á Xunta o reintegro do custe desta instalación.

Obradoiro de «sketching» da OMIX da Guarda en colaboración coa Escola Superior Gallaecia

A Oficina de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda vén de abrir o prazo de inscrición no obradoiro de «sketching» que se celebrará en maio en colaboración coa Escola Superior Gallaecia. O taller de artes plásticas centrarase na elaboración de bosquexos, principalmente de elementos urbanos e obxectos varios, facendo deles unha obra artística. O obradoiro impartirase no antigo colexio Sinde os días 8 (de 15:00 h a 18:00 h) e 9 de maio (de 16:00 h a 18:00 horas).

«Pequenos grandes pintores da Vila», unha mostra para gozar dos novos talentos

O pasado sábado 28 de maio inaugurouse no Centro Cultural a exposición «Pequenos grandes pintores da vila», na que se expoñen os traballos realizados por rapazas de entre 7 e 14 anos dos concellos da Guarda e Oia. A mostra, coordinada pola pintora e mestra Tereixa Martínez, componse dun total de 37 cadros realizados con distintas técnicas ─óleo, acuarela, carboncillo e pastel, entre outros─ e temática principalmente paisaxística, elaborados no obradoiro artístico impartido pola pintora na Guarda.

Antonio Lomba: “A administración ten que ser máis áxil ante as peticións dos concellos”

O socialista Antonio Lomba Baz, enxeñeiro e profesor no IES A Sangriña, é alcalde da Guarda. Concelleiro dende o 2003, toma o relevo na Alcaldía ao tamén socialista José Manuel Rodríguez Freitas, con quen foi responsable de Cultura, Educación e Novas Tecnoloxías. Ao longo da conversa, un chega á conclusión de que non é doado gobernar un concello como A Guarda, literalmente a cabalo entre un mar e un monte que, ao longo do tempo, encargáronse de forxar a marcada personalidade do municipio e das súas xentes.

A Guarda aposta pola mellora dos parques infantís e as zonas recreativas

O Concello da Guarda vén de acometer actuacións de rehabilitación e mellora das áreas recreativas e os parques infantís dos que dispón a veciñanza para a práctica deportiva e lúdica ao ar libre. As instalacións reparadas son as do parque da Ribeira, o parque infantil de San Benito, o parque da subida ao Monte Torroso, a área deportiva e a zona de xogos da Portela (Salcidos), a área recreativa do Fedorento, o parque infantil do Castro e as distintas instalacións deportivas e de xogo instaladas no recinto do Centro Cultural.

Suscribirse a este canal RSS