A Guarda

Luis Bará: "o aforro galego debe reverter no tecido produtivo do país"

O candidato de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, sinalou hoxe no mítin de A Guarda que "o aforro galego debe reverter no tecido produtivo do país para xerar riqueza e emprego". Destacou a necesidade de asumir competencias financeiras dende Galiza creando unha banca pública galega ou un Instituto de Crédito e Investimento, e subliñou a importancia de revisar o modelo fiscal e aplicar medidas efectivas de loita contra a fraude e evasión fiscal.

A Guarda presenta a XXVI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

O concello da Guarda elixiu este ano a cidade de Pontevedra, en concreto o Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, para presentar a XXVI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que terá lugar os vindeiros días 1,2 e 3 de xullo no porto da vila. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, explicaron a programación do evento e convidaron a todas as persoas a achegarse ao municipio para gozar de tres días dunha festa que dende 2014 xa está declarada coma Festa de Interese Turístico de Galicia.

A Deputación remata a escavación en Santa Trega

A Deputación de Pontevedra, a través do protocolo asinado co Ministerio de Fomento, está a acometer unha serie de actuacións para poñer en valor 18 xacementos galaico-romanos da provincia. A través destes traballos preténdese, tal e como sinalou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, "impulsar o patrimonio e a dinamización socioeconómica, cultural e artística de Pontevedra".

Deputación e Atlético Guardés, asinan un convenio de colaboración

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o presidente do Club Atlético Guardés de Balonmán, José Manuel Silva Vicente, firmaron hoxe o convenio de colaboración en materia deportiva polo que a institución provincial aporta a cantidade de 30.000 euros para a tempada 2015/2016. O Atlético Guardés xoga na liga de honra do balonmán feminino e é un dos dous equipos da provincia que atópase na élite nacional desta disciplina deportiva.

Carmela Silva aposta por unha ruta turística polos castros da provincia

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polos deputados de turismo, cultura e emprego, Santos Héctor Rodríguez, Xosé Leal e Montse Magallanes, ademais do alcalde, Antonio Lomba, e outras autoridades do concello de A Guarda, presidiu a presentación ós medios dos traballos nos 18 xacementos da provincia dentro do protocolo co Ministerio de Fomento e apostou pola posta en marcha dunha ruta turística polos xacementos da provincia.

Suscribirse a este canal RSS