a guarda 2019

Deputación e Atlético Guardés, asinan un convenio de colaboración

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o presidente do Club Atlético Guardés, José Manuel Silva Vicente, asinan o convenio de colaboración en presencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o presidente do Club Atlético Guardés, José Manuel Silva Vicente, asinan o convenio de colaboración en presencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o presidente do Club Atlético Guardés de Balonmán, José Manuel Silva Vicente, firmaron hoxe o convenio de colaboración en materia deportiva polo que a institución provincial aporta a cantidade de 30.000 euros para a tempada 2015/2016. O Atlético Guardés xoga na liga de honra do balonmán feminino e é un dos dous equipos da provincia que atópase na élite nacional desta disciplina deportiva.

O presidente do club fixo entrega dunha camiseta da equipación oficial do Atlético Guardés á presidenta da Deputación na que xogadoras do equipo oficial estamparon a súa firma. Carmela Silva amosouse emocionada polo agasallo e sobre todo, por ter as firmas das xogadoras ás que animou a seguir traballando cara a lograr uns bos resultados. De feito, Silva destacou que “este equipo que representa a toda a provincia de Pontevedra, sobre todo as súas mulleres, é un exemplo do esforzo e compromiso cos valores do deporte”.

convenio atletico guardes02

A presidenta da Deputación exhibe a camista que lle agasallou o Club Atlético Guardés, asinada por todas as xogadoras 

O convenio para a promoción do deporte contempla que o equipo lucirá na manga dereita da súa equipaxe oficial o logotipo da Deputación ademais de diversa publicidade no seu campo de xogo. Tamén ofrecerá de balde invitacións para a asistencia aos seus partidos as escolas deportivas municipais.

Esta iniciativa enmarcase dentro da política da Nova Deputación de apoio os equipos de toda a provincia que xogan nas ligas nacionais das principais disciplinas deportivas. Para esta tempada a Deputación destina case que 700.000 euros para o apoio a estes equipos principais.

A Deputación de Pontevedra xa ten firmado nos últimos meses convenios similares coa Fundación Celta de Vigo; Pontevedra Club de Fútbol; Sociedade Deportiva Teucro; Coruxo Fútbol Club; Club Balonmán Cangas; Club Balonmán Porriño; Club Ciclista Froiz e a Gimnástica de Atletismo de Pontevedra.