a guarda 2019

O Camiño Portugués da Costa obxecto dunha 'FamTrip'

O pasado xoves día 7 de febreiro un grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores e periodistas especializados nos Camiños de Santiago visitaron o Castro de Santa Trega na Guarda dentro dunha Famtrip enmarcada na celebración da terceira edición da Feira Fairway, que arranca xa este luns en Santiago de Compostela.

caminho portugues pola costa fan trip 02

Despois dunha viaxe dende terras portuguesas e tras cruzar o Río Miño no transbordador que une Caminha e A Guarda o grupo chegou ata o Castro de Santa Trega, onde foron recibidos pola técnica local de Turismo, quen realizou unha visita guiada ao Monte Santa Trega, lugar que espertou a admiración e o interese de moitos deles, maravillados polas fermosas vistas panorámicas e unha paisaxe “de encanto”.

caminho portugues pola costa fan trip 04

O Camiño Portugués da Costa será un dos principais atractivos do III Forum do Camiño de Santiago 'Fairway' no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, onde se realizarán multitude de actividades entorno aos Camiños de Santiago, con congresos, workshops e importantes reunións para potenciar o Camiño de Santiago, nas que tamén estará presente o Concello da Guarda.