a guarda 2019

A Guarda investirá preto de 50.000 euros na mellora na Praza de Abastos

O Concello da Guarda ven de adxudicar á empresa Denuevo Punto Creativo, S.L., o contrato para o proxecto de reforma da Praza de Abastos, cun investimento de 48,865,89€ IVE incluído, que se suma ás melloras xa realizadas nos pasados anos e que recolle traballos de eliminación de barreiras, mellora e conservación e equipamentos.

mellora praza abastos 01

Os traballos que realizará o Concello da Guarda, permitirán a adaptación total do mercado de abastos en termos de mobilidade e accesibilidade, entendendo "que esta é unha moi boa oportunidade para facer tales actuacións neste espazo, que quedará perfectamente axeitado para a mobilidade de persoas". 

mellora praza abastos 02

Para iso colocaránse portas automáticas nos accesos dende a rúa Xulián López e Concepción Arenal, así coma a construción duns aseos accesibles na planta superior e a reforma dos baños existentes. Recuperarase ademais a antiga bóveda de canón da porta de acceso norte na rúa Xulián López para realzar o valor arquitectónico do edificio

mellora praza abastos 03

O prazo de execución das obras será aproximadamente dun mes, executándose os traballos simultaneamente co uso deste espazo coa finalidade de causar o menor prexuízo a praceiros e cidadáns. 

O edificio da Praza de Abastos data do ano 1921, aínda que xa se realizou unha ampliación e reforma no ano 1955, sendo un dos focos comerciais de maior interese do municipio con varios postos de carnes, peixes e mariscos, froitas e hortalizas, etc.