A Guarda vístese de Nadal

O Nadal chegou este mércores á Guarda e nin a choiva fon quen de impedir que veciños e veciñas déranse cita na Praza do Reló para asistir ao sempre atractivo —máis se cadra para os máis pequenos— acendido do alumeado do Nadal. As luces anunciaban ademáis, o inicio dunha programación de actividades extensa e variada na que destacan o teatro, a animación musical polas rúas, os concertos de panxoliñas, os obradoiros de decoración, as chocolatadas, a instalación por primeira vez na vila dunha pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis.

acendido alumeado nadal A Guarda 01

O acendido do alumeado contou, ademáis coa animación a cargo de Barafunda cos espectáculos «A xogar cos Trasnos» e «Lolo Globotolo». «A xogar cos Trasnos» é unha gran festa chea de cor e de sorrisos onde os nenos e nenas poderán bailar coma tolos e xogar coa música, un espectáculo de movemento interactivo con xogos, cancións de animación, globos e moita diversión.

acendido alumeado nadal A Guarda 02

«Lolo Globotolo» é o pallaso Lolo, fará as delicias dos máis pequenos e sorprenderá ós máis grandes, facendo figuras imposibles con globos e gag divertidos, un espectáculo dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público sentirase parte integrante do espectáculo, ideal para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión do clown mistúrase nun cóctel de risas e gargalladas.

acendido alumeado nadal A Guarda 03

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, acompañado de numerosos nenos e nenas, foron os encargados do acendido do alumeado de Nadal na vila cunha conta atrás con moita inquietude e emoción.

Tamén dende primeira hora da mañá deste mércores día 5 de decembro publicouse na web municipal www.aguarda.es o vídeo do Obradoiro de Adornos de Nadal, neste vídeo, elaborado pola deseñadora e experta en escaparatismo Patricia Maquieira Franco, explicase como será o adorno de Nadal proposto para este ano e que se realizarán nos obradoiros que terán lugar os días 10 (en horario de 20:30 h a 22:30 h) e 15 (de 16:30 h a 18:30 h) de decembro na Casa dos Alonsos.

Dende o Concello da Guarda se convida a seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.