A Guarda expón todo o seu potencial turístico na Ponte da Constitución

O monte de Santa Trega, sempre espectacular O monte de Santa Trega, sempre espectacular

O Concello da Guarda vén de dar a coñecer todos os horarios que terán os seus servizos turísticos de cara a que poidan ser aproveitados por veciñanza e visitantes durante esta ponte da Constitución. Non se pode esquecer que a Guarda, nun reducido espazo xeográfico reúne unha enorme cantidade de elementos históricos, culturais, etnográficos e patrimoniais difíciles de encontrar, cando menos todos xuntos, noutros concellos.

Como primeira medida, a Oficina Municipal de Turismo, sita na Praza do Reló, estará aberta dende o xoves ao sábado en horario de 11:00 h a 13:30 h e de 16:30 h a 18:30 h, departamento ao que tamén poden dirixirse interesadas e interesados no teléfono 986 614 546.

Xa no que á Rede de Museos Municipais atinxe, o Museo Arqueolóxico de Santa Trega, abre de martes a domingo en horario de 11:00 h a 17:00 h, a entrada ten un custo de 1 € para adultos e de 0,50 € para menores de 14 anos.

O Museo do Mar, sito na atalaia da zona norte do Porto da Guarda, estará aberto o xoves 6 de decembro e o sábado 8 e domingo 9 en horario de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h, a entrada ten un custo de 1 € para adultos e de 0,50 € para menores de 14 anos.

O espazo público do Castelo de Santa Cruz, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no 1995 estará aberto en horario de 10:00 h a 17:00 h.

Máis información sobre as primeiras actividades da programación de nadal e os horarios do transbordador Ferry Boat entre A Guarda e Caminha na web municipal de turismo www.turismoaguarda.es