O Inventario Municipal da Guarda, en exposición pública

O Concello da Guarda avanza na realización do inventario de bens municipais a través dunha aplicación informática de acceso e consulta dun xeito sinxelo e áxil da totalidade dos bens de propiedade municipal, realizada pola empresa Procat Ingeniería y Medioambiente SL.

No día de onte, 13 de setembro, saíu publicado no BOPPO o anuncio de exposición pública do expediente de rectificación deste proxecto e que abrangue 20 días hábiles, ata o 15 de outubro, para que sexan presentadas as alegacións ou reclamacións ao mesmo. O horario de visita e consulta deste inventario é de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h na Sala de Reunións do 1º andar da Casa dos Alonsos.

Esta aplicación informática recolle fincas, edificios, estradas, camiños... para que o persoal municipal teña un acceso directo a esta información, necesaria case a diario para a emisións de certificados das titularidades dos bens, cando se realizan tarefas sobre os mesmos e á hora da xustificación de subvencións, axudas e outras xestións municipais.

inventario municipal 02

Nesta aplicación informática contase coa posibilidade de construír unha base de datos con tódolos rexistros que se desexen incluír e xestionar deste modo o mantemento dos activos do inventario, coa particularidade que toda a información pode ser tratada xeograficamente, filtrado de información segundo as necesidades, clasificación dos bens por epígrafes, emisión de certificados, entre outras posibilidades.

O desenvolvemento desta actuación realízase en 5 fases de actuacións, cun tempo total de 12 meses.

Para a súa posta en marcha, xa se realizou a aprobación inicial no pleno municipal do pasado 30 de xullo, o presente anuncio no BOP e o prazo de exposición pública e alegacións. Unha vez resoltas as posibles alegacións, se levaría novamente a pleno para súa aprobación definitiva. A lexislación vixente establece que o inventario de bens municipais debe de actualizarse anualmente, incluíndo aquelas modificacións, ou altas e baixas segundo correspondan.

Esta actuación está subvencionada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra por un importe de 21.538 €