Suspensión do mercado semanal deste sábado na Guarda

O Concello da Guarda informa da suspensión do mercado semanal deste sábado día 15 de setembro, por mor do inicio das obras da Rúa Concepción Arenal, co conseguinte desvío de tráfico pola Rúa Coruña (onde habitualmente se realizaba o mercado semanal) e as actividades programadas na Alameda da Guarda (coa celebración da II Mostra Asociativa durante toda a xornada deste sábado).

O vindeiro sábado día 22 de setembro o mercado semanal retomará a súa actividade normal na zona próxima á Alameda da Guarda.