«Acho and Friends» actúan este xoves na Guarda

O cuarteto musical «Acho and Friends» actúan este xoves, día 12 de xullo, a partires das 20:30 h na Praza do Reló da Guarda, unha actuación na que interpretarán obras de compositores como Scott Joplin, Bizet, Gershwin entre outros, englobando estilos tan variados o jazz, o nacionalismo ou o popular tango.

O Cuarteto de clarinetes «Acho and Friends» está formado por Jose Luís Relova Gallego ao Clarinete 1º; Meritxell Coloma Cutillas ao Clarinete 2º ; Sara Pumar Lomba ao Clarinete 3º e Cintia Lomba Lomba ao Clarinete Baixo.

O cuarteto está formado por alumnos de clarinete do Conservatorio Superior de Aragón e Karina Gurska (Madrid). Iniciaron a súa carreira como grupo no proxecto de Musethica e realizaron o seu primeiro debut como grupo de cámara na universidade de Zaragoza no congreso de Inmunoloxía 2017. Recentemente teñen participado no curso de clarinete realizado polo prestixioso cuarteto Roots 4 clarinets. Os compoñentes do grupo, que pertencen a distintas zonas da xeografía española, decidiron formar un grupo para consolidar a súa amizade.

Repertorio:
• • Aragonaise – G. Bizet
• • Rhapsody in blue – G. Gershwin
• • Tico-Tico – Zequinha de Abreu
• • Moon River – Henry Mancini
• • The entertainer – Scott Joplin
• • Por una cabeza – C. Gardel