Logo
Imprimir esta página

A Praza do Reló da Guarda énchese de cinema ao aire libre

A Concellería de Cultura do Concello da Guarda oferta un ano máis o «Cinema de Verán» que nesta edición 2018 celebrarase nun fermoso marco como é a Praza do Reló e que ofrecerá tres sesións de cinema para todos os públicos. A primeira cita será xa o 11 de xullo, ás 22:30 horas coa proxección de «Un Italiano en Noruega», unha das películas máis “taquilleiras” en Italia, con máis de 10 millóns de espectadores.

A seguinte cita terá lugar o mércores 1 de agosto ás 22:00 h coa proxección de La La Land, unha homenaxe ao Hollywood dourado dos anos 50. Finalmente o venres 17 de agosto ás 22:00 h, a película elixida é «Bebé Jefazo», unha divertida proxección recomendada para público infantil sobre o impacto que ten a chegada dun novo fillo/a á familia.

A Concellería de Cultura, que xestiona Elena Baz, anima "a todos os veciños e visitantes a gozar destas proxeccións ao aire libre" na Praza do Reló.

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados