A Guarda, capital galega do Balonmán Praia

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, na presentación do campionato galego de balonmán praia O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, na presentación do campionato galego de balonmán praia

O Concello da Guarda converterase, entre o 13 e 15 de xullo, na capital galega do balonmán praia ao acoller a disputa dos partidos do campionato galego desta modalidade deportiva na que participarán máis de 650 deportistas e que terá lugar nas instalacións deportivas municipais do Codesal en Camposancos.

Esta competición, que xa fixo escala noutros municipios galegos coma Vigo, Cesantes ou Poio, celebrarase na Guarda dende o venres 13 ata o domingo 15 de xullo, unha oportunidade excepcional para coñecer e ver de preto a xogadores federados de clubes de toda Galicia.

As inscricións están abertas ata este martes, día 10 de xullo as 20:00 h, a través da páxina web www.verandeportivo.com, contando con varias categorías e modalidades de competición. Este evento está organizado polo Concello da Guarda en colaboración con Evento Global e a Federación Galega de Balonmán.

Contarase cunhas instalacións con 4 campos de xogo habilitados para poder realizar partidos simultáneos, a dous sets, e onde priman as acrobacias e trucos para acadar mellores puntuacións, polo que o espectáculo está asegurado.

Este evento congregará na Guarda a máis de 600 persoas polo que o impacto económico será notable no comercio e hostalaría do municipio. Os partidos disputaránse o venres 13 de 16:00 h a 21:00 h; o sábado 14 de9:00 h a 21:00 h e o domingo 15 de 9:00 h a 21:00 h