Novo obradoiro de videos curtos co móbil da OMIX da Guarda

O Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda impulsa un novo obradoiro de «vídeo nun minuto», no que se traballará a elaboración de pequenas montaxes audiovisuais utilizando o teléfono móbil. As persoas participantes poderán adquirir os coñecementos necesarios para aproveitar a cámara do seu smartphone, gravando pequenas pezas de vídeo que posteriormente poderán editar e transformar nunha verdadeira montaxe audiovisual. O taller impartirase no Centro Cultural o 22 de xuño entre as 16:00 e as 20:00 horas.

O período de inscrición permanecerá aberto ata o 20 de xuño. As persoas interesadas en participar, poderán inscribirse de xeito presencial na OMIX, chamando ao teléfono 986 614 546 ou ben a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. As e os participantes deberán levar o seu teléfono móbil, así como un cable con conector usb para descargar os vídeos nos ordenadores e proceder á súa edición.

O obradoiro de «vídeo nun minuto» é unha actividade organizada pola Consellería de Xuventude do Concello da Guarda en colaboración coa Escola Superior Gallaecia.