A Guarda abre a inscrición para a Feira de Artesanía da Festa da Langosta

O Concello da Guarda organizará a vixésimo oitava edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira os días 6, 7 e 8 de xullo e, como en anteriores edicións, o festexo gastronómico completarase coa celebración da tradicional Feira de Artesanía na rúa do Porto. Os artesáns e as artesás interesadas en participar deberán enviar a súa solicitude debidamente cumprimentada, xunto coa documentación especificada nas bases que se poden consultar nesta ligazón, antes do vindeiro 25 de maio ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O mercado artesanal celebrarase os días 7 e 8 de xullo e a participación no mesmo será gratuíta. Para máis información, as persoas interesadas poderán achegar á Oficina de Turismo do Concello da Guarda (Praza do Reló, s/n), chamando ao teléfono 986 614 546 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..