A Guarda

Nenos e nenas decoran as escaleiras do Concello da Guarda

A Casa dos Alonso, no concello da Guarda, acollía o pasado sábado o primeiro obradoiro da campaña «Decora o teu Nadal» adicada aos máis pequenos da casa. O Concello guardés impulsou dende hai unhas semanas, e por terceiro ano consecutivo, esta campaña co obxectivo de decorar a Vila de cara a estas sinaladas datas. Para isto, contouse coa colaboración de asociacións, comerciantes, veciños e dos cativos e cativas.

  • 0

O concerto solidario de «Panorama» na Guarda recada 2.240 quilos de alimentos

A orquestra Panorama ofreceu o pasado venres, na Guarda, un concerto benéfico a favor das asociacións locais Conrazones e San Vicente de Paúl, así como dos Servizos Sociais do Concello. Unhas 3.000 persoas reuníronse na Alameda para gozar da noite ao son da súa música, non sen antes pasar polos postos de recollida de alimentos das anteditas asociacións ou comprar unha rifa solidaria a algún dos voluntarios repartidos pola zona.

  • 0

A mostra 'Sorrisos transformadores da Deputación chega á Guarda

A deputada provincial Montse Magallanes, acompañada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, inaugurará este luns, 2 de outubro ás 16:00 horas, no vestíbulo do I.E.S. A Sanguiña, a mostra “Sorrisos Transformadores”, un proxecto fotográfico para a visibilización do colectivo LGTBI posto en marcha pola institución provincial en colaboración coa Asociación de Familiares con Menores Trans*, ARELAS. A mostra estará aberta ao público de luns a venres, dende as 9:00 horas ata as 15:00 horas.

  • 0

A Guarda prepárase para vivir a XIV Festa do Peixe Espada de ORPAGU

A Festa do Peixe Espada que organiza a Organización de Palangreros Guardeses (ORPAGU) arranca mañá venres no porto da localidade guardesa e alongará as súas actividades ata o vindeiro domingo. Distintos restaurantes da Guarda, servirán diferentes propostas de pratos de peixe espada que o público poderá degustar desde 3 euros. O peixe espada, polo tanto, será un ano máis o gran protagonista desta celebración acada xa á súa décimo cuarta edición.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS