Rematan os traballos de escavación das salinas romanas da Guarda

O Concello da Guarda deu por rematados, no día de onte, os traballos previstos no proxecto «A Guarda, Mar de Sal» de escavación das Salinas do Seixal e, seguindo indicacións da Dirección Xeral de Patrimonio, procedeuse á cubrición do xacemento con fibra xeotéxtil para evitar o seu deterioro. Próximamente, unha vez que arqueológos e restauradores valoren e decidan o xeito máis axeitado de intervención, procederase á súa restauración e consolidación definitiva.

  • 0

Destacados cociñeiros galegos ensinan na Guarda a elaborar pratos económicos, sans e solidarios

As escolas de Buxán acollen unha serie de sesións formativas sobre gastronomía dirixidas ás familias beneficiarias dos Servizos Sociais e do programa de Educación Familiar do Concello da Guarda e do colectivo Conrazones. Nestas sesións participan diversos e recoñecidos cociñeiros de toda a xeografía galega, que amosan o seu bo facer nos fogóns e empregando moitos trucos e recomendacións de interese.

  • 0

A Guarda homenaxeou aos asasinados no campo de concentración de Camposancos

O xoves 18 de outubro, seguindo a tradición de todos os anos, o sindicato das Comisións Obreiras, xunto co Concello da Guarda, realizou unha homenaxe en memoria das persoas asasinadas no campo de concentración de Camposancos durante a Guerra Civil. O acto de homenaxe, no que participaron preto dun centenar de persoas, tivo lugar na fosa común do cemiterio de Sestás.

  • 0

Tomiño recibe 170.000 euros do Estado para obras de mellora de eficiencia enerxética

O Concello de Tomiño vén de recibir unha subvención de 174.163 euros por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, IDAE, —entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Transición Ecológica—, para levar a cabo parte dun proxecto de mellora da calidade e sostenibilidade do edificio do antigo centro de saúde, hoxe adicado á atención ao público das áreas de Benestar Social, Cultura, Turismo, Mocidade, Deporte, Protección Civil e Policía Local.

  • 0

A mecánica, blogueira e youtuber «Chola a it girl», chega á Guarda

O Centro Cultural da Guarda acolle o vindeiro venres día 26 de outubro ás 21:00 h a representación do espectáculo teatral «Chola it a girl» da compañía de teatro ArtesaCía co elenco de Laura Villaverde. Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber.

  • 0

Os colexios Pedro Caselles e de Tebra contan neste curso con novas infraestruturas

O Concello de Tomiño vén de realizar importantes melloras en varios colexios públicos do municipio. Pola súa envergadura, destacan as obras levadas a cabo na parroquia de Tebra e en Santa María de Tomiño. A petición da veciñanza e da ANPA do centro de educación infantil e primaria de Tebra, levouse a cabo a ampliación da pista deportiva existente, co fin de poder dispoñer de máis ámbitos de xogo e de que os equipamentos necesarios para a práctica de distintos deportes, non interfiran entre eles.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS