Rematada a senda peonil na PO-255 ao seu paso pola parroquia de Maceira

O delegado territorial de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá, en compaña do alcalde de Covelo, Pablo Castillo, o remate das obras da senda peonil que se executou nas últimas semanas na PO-255 ao seu paso pola parroquia de Maceira, unha visita na que tamén estaba presente o xefe territorial de Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díez.

Os traballos, executados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, contaron cun orzamento de 64.500 euros e supuxeron a execución dun itinerario peonil coa finalidade de mellorar as condicións de seguridade deste tramo situado entre os núcleos de Covelo e Maceira.

“Deste xeito, dende a Xunta deuse unha resposta á demanda que o alcalde nos fixo chegar en diferentes ocasións, xa que se trata de unha mellora de seguridade viaria que os propios veciños tiñan solicitada dende fai tempo”, explicou Cores Tourís.

A nova senda conta con 370 metros de lonxitude, e está complementada cun colector de drenaxe para a recollida e evacuación de augas pluviais, así como cunha tubaxe de abastecemento e unha reixa para a recollida de pluviais a maiores, dada a pendiente que se atopa na parte máis alta da mesma.

Para esta obra non foi sendo necesaria a expropiación de ningunha parcela por levarse a cabo sobre terreos de dominio público, aínda que en diferentes puntos leváronse a cabo desmontes de pequena entidade co obxectivo de aumentar a sección libre entre a calzada e as propiedades colindantes, de xeito que a sección da senda teña un tamaño axeitado, entre o metro e os 2,20 metros de ancho. Finalmente, o proxecto contemplou tamén a execución dun pequeno muro de formigón que permite a contención de terras dunha parcela situada nunha cota superior