A Deputación investirá 120.000 euros na mellora de espazos urbanos de Covelo

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe que o goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, o financiamento ao concello de Covelo para as obras de mellora no entorno da Igrexa San Bartolomeu da Lamosa. As actuacións teñen un importe total de 121.019,29 euros e forman parte dos fondos da Liña 1 de investimentos do Plan Concellos.

Con este novo investimento da Deputación de Pontevedra, o concello de Covelo xa ten aprobados 588.878,98 euros co vixente Plan Concellos, que este ano destina á vila un total de 775.333,46 euros, máis dun 73% máis que no ano anterior.