Covelo

A Deputación outorga 231.832,52 euros ó Concello de Covelo

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial vén de aprobar dúas novas axudas para o concello de Covelo ao abeiro da liña 1 do “Plan Concellos 2017” de investimentos. Deste xeito, a institución provincial achegará a cantidade total de 231.832,52 euros para a mellora de pavimentos de camiños e muros na vila. Máis polo miúdo, Covelo recibirá 118.120,13 euros para a pavimentación de camiños e muros en Casteláns, Maceira e Barciademera e outros 113.712,39 euros para a mesma actuación en Godóns, Piñeiro e Prado.

  • 0

Comezan as obras da senda peonil Covelo-Maceira que mellora a seguridade viaria da zona

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte as obras da senda peonil que acaba de comezar a executarse na PO-255 ao seu paso polo concello de Covelo.O delegado territorial estivo acompañado do alcalde do municipio, Pablo Castillo, así como do xefe do Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez, e da empresa adxudicataria dos traballos.

  • 0

Barcia de Mera prepárase para a novena edición do Ciclo de Música Relixiosa

Zoar Ensemble, o Coro Rías Baixas e Vox Stellae son algunhas das propostas para a novena edición do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación e que ofrecerá, entre os meses de abril e de setembro, un total de seis concertos. Recoñecidos músicos e formacións participan na programación deste ano, que se desenvolve na igrexa barroca de San Martiño do concello de Covelo baixo a dirección artística de Nieves García-Soto.

  • 0

Covelo recupera o bosque de ribeira do río Tea

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte o concello de Covelo para comprobar, en compaña do alcalde da localidade, Pablo Castillo, os traballos de recuperación do bosque de ribeira do río Tea. Tourís asegurou que o municipio continuou así a levar a cabo melloras de acondicionamento do sendeiro que transita polo río Tea para o que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aportou unha axuda global de case 20.000 euros, dentro das axudas destinadas a concellos da Rede Natura.

  • 0

Santa Cruz de Baldomar, en Covelo, ultima a representación do Desencravo do Señor

O Santuario de Santa Cruz de Baldomar, no Concello do Covelo, está a ultimar todos os detalles necesarios para os solemnes oficios deste próximo Venres Santo 14 de abril no que participan de forma conxunta as parroquias de Covelo, Santa Mariña, Paraños e Castelans ademais de numerosos visitantes doutras parroquias da contorna. O Santuario acollerá a solemne representación do Desencravo do Señor así como o Sermón do Desencravo e o descendimiento e a Adoración do Cristo Morto.

  • 0

O BNG de Covelo felicita á veciñanza "pola restitución do médico de familia"

Os concelleiros do BNG de Covelo, Laura Santiso e Álex Osorno, felicitan aos veciños de Covelo "que non quedaron calados e protestaron e loitaron por recuperar a praza de médico". Os nacionalistas acusan aos populares de "enganar á veciñanza" á que, durante máis dun ano, estiveron decíndolle que "a supresión da praza debíase a motivos técnicos e non políticos". Agora, afirman Santiso e Osorno, queda demostrado "que dita supresión foi motivada polos recortes sociais do PP".

  • 0
Suscribirse a este canal RSS