Arbo

Unha misión comercial de Polonia visita Adegas Marqués de Vizhoja

As Adegas Marqués de Vizhoja acollen, a próxima semana, a visita dun importante grupo de importadores polacos, integrantes dunha misión inversa realizada baixo a coordinación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas cuxo principal obxectivo é coñecer de preto o territorio, a elaboración e a variedade dos viños de Rías Baixas.

Arbo solicita á Deputación mobiliario urbano para distintos espazos públicos

O Concello de Arbo vén de solicitar á Deputación de Pontevedra mobiliario urbano para diversos lugares públicos, solicitude que se fai ao abeiro da convocatoria dun programa que, para este fin, ten a administración provincial. As actuacións recollidas no antedito programa consistirán, exclusivamente, na entrega de material, bancos e papeleiras, realizados na Escola de Cantería e nos módulos formativos de carpintería e cerraxería, entre outros.

Arbo, Crecente e Melgaço revisan os seus límites internacionais

Un ano máis o Concello de Arbo e a Câmara Municipal de Melgaço asinan os documentos de Revisión de Limites entre España e Portugal. O acto, que tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Arbo, contou coa presenza do alcalde de Arbo, Horacio Gil, e o presidente da Câmara de Melgaço, Manoel Batista Calzada Pombal. Asemade, o alcalde de Crecente, Julio César García–Luengo Pérez, asinaba tamén o mesmo documento co presidente da Câmara portuguesa.

O Concello de Arbo licita dúas obras para melloras de camiños municipais

O Concello de Arbo, vén de licitar as obras de «Mellora e Pavimentación en O Couto e Almuiña», traballos que contarán cun investimento de 50.000 € ─coa financiamento da Conselleria de Presidencia─ e a obra de «Ampliación Vial dende Rial do Pazo As Laxas» cun importe de 36.056,22 € e financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pertencente a Conselleria de Medio Rural.

Suscribirse a este canal RSS