Adegas Marqués de Vizhoja invita a reflexionar sobre os incendios no Condado-Paradanta

O enxeñeiro agrícola Isaac Rodríguez, un dos relatores das xornadas organizadas polas adegas Marqués de Vizhoja O enxeñeiro agrícola Isaac Rodríguez, un dos relatores das xornadas organizadas polas adegas Marqués de Vizhoja

Adegas Marqués de Vizhoja vén de organizar unha xornada informativa sobre a prevención dos incendios forestais. A actividade, de acceso libre para a veciñanza da comarca do Condado-Paradanta e demais interesados, busca un compromiso coa sociedade e a proximidade coa contorna de todos os que viven no medio natural. A cita será o vindeiro venres 27 de abril ás 16:00 horas, nas instalacións de Adegas Marqués de Vizhoja.

A charla será impartida por responsables do Club Cornelios, coñecidos organizadores do campionato de España e Galicia de raids de aventura e orientación nos que se combina atletismo, ciclismo, balsismo, entre outros, rodeados de natureza. Con esta iniciativa tratarase de apostar por unha nova visión do monte como principal activo de todos e a partir dunha serie de iniciativas para coidalo. Esta charla que estará dirixida por un equipo composto por enxeñeiros agrícolas e expertos deportivos cunha visión responsable do medio ambiente e os bosques.
Entre os relatores, atópanse Isaac Rodríguez, enxeñeiro agrícola, que falará sobre a interacción e sinerxias entre o sector agrícola e forestal; Begoña Gómez, enxeñeira agrícola, sobre o aproveitamento silvopastoril e outros recursos potenciais, e José María Domínguez, experto deportivo, sobre o uso deportivo do sector forestal: outro modo de ver o monte.

A xornada ten como obxectivo xerar unha reflexión social por parte dos municipios e da sociedade ademais de valorizar a contorna forestal do Condado-Paradanta, unha das zonas máis afectadas polos incendios que arrasaron o sur ge de Galicia en outubro do pasado ano.

A xornada enmárcase dentro do Plan de Responsabilidade Social Corporativa de Adegas Marqués de Vizhoja, que ten como finalidade o compromiso coa sociedade e a proximidade coa contorna.