Aberta a inscrición para a «IV Marcha BTT da Lamprea»

O Vindeiro día 22 de abril de 2018, ─unha semana antes da Festa da Lamprea que ten lugar o 27, 28 e 29 de abril─, o Concello de Arbo, organiza a «IV Marcha BTT da Lamprea», actividade que pretende promocionar os produtos típicos de Arbo, como son a Lamprea e o viño, así como as paisaxes do municipio. Trátase dunha ruta BTT e defínese dentro dunha especialidade ciclista que concibe este deporte como un exercicio físico con fins de ocio e turístico ou culturais, excluíndo a competición.

É unha ruta de dificultade física e técnica media–alta e cun percorrido aproximado de 35 quilómetros. O prezo da inscrición é de 10 euros, que inclúen o seguro, e que deberán ser ingresados no número de conta ES12 2080.5011.82.3040006781. O Prazo Limite para inscribirse será o 19 de abril ás 15:00 horas. Á hora de formalizar a inscrición é obrigatorio presentar a solicitude e o xustificante de pago donde figure o nome do participante. O importe da inscrición dá dereito ao seguro de asistencia sanitaria e responsabilidade civil, servizo de ambulancia, lavado de bicicleta, avituallamentos, duchas e comida .

A recollida de dorsais será as 8:15 horas do 22 de abril no Pavillón de Deportes do Concello de Arbo para efectuar a saída ás 9:30 horas dende a praza do Concello. Durante a proba, haberá avituallamento sólido e liquido. Amais, os e as participantes dispoñerán de servizo de duchas e lavado de bicis. Ao remate da proba haberá tamén un agasallo para tódolos participantes e a degustación de balde dos produtos típicos de Arbo, entre eles o prato estrela: a lamprea.

Calquera dubida poderá resolverse no telefono 986 665 000 de luns a venres en horario de 8:00 h a 15:00 horas ou na paxina web do concello de Arbo.