O Plan Concellos da Deputación destina máis de 30.000 euros a Arbo

O goberno provincial de Carmela Silva vén de aprobar, a través de resolución presidencial, a primeira axuda ao concello de Arbo ao abeiro da liña 1 de investimentos do “Plan Concellos 2018”. Con este investimento de 31.508,15 euros, Arbo poderá mellorar o entorno da estrada que une Rocha con Cabeiras. Anteriormente, o concello de Arbo xa recibira 94.336,32 euros, ao través da Liña 3 de emprego do Plan Concellos, para a contratación de 16 persoas que traballarán nos distintos servizos municipais da vila.

Coa suma destas tres achegas, o municipio de Arbo ten adxudicado o 17% do total que ten a súa disposición co “Plan Concellos 2018” da Deputación de Pontevedra, isto é 734.619,17 €, un 73,44% máis que no 2017.