Arbo remata a mellora do saneamento e rehabilitación de infraestruturas en Teimende

O Concello de Arbo vén de dar por rematadas as obras de reparación da rede de saneamento e infraestruturas en Teimende, unha obra para a que o Concello asinaba, no seu momento, un convenio con Augas de Galicia e que supuxo un investimento de preto dos 70.000 euros.

obra teimende03

As chuvias torrenciais do pasado ano danaron seriamente infraestruturas municipais, como aconteceu en Teimende, danos que agora están solventados. Tal e como sinalaba o alcalde de Arbo, Horacio Gil, a obra realizouse, na súa totalidade, dentro do dominio público da propia via, "e esperase un impacto notable aos efectos sobre o paisaxe e na calidade do servizo de saneamento, así como unha mellora na imaxe do casco urbano tendo en conta que e unha rúa de acceso ao casco urbano do concello.