Arbo despide o Entroido 2018 cun desfile de comparsas

O Concello de Arbo despediu o Entroido 2018 esta fin de semana cun amplo programa de actividades que comezaba na tarde do sábado coa «Festa Infantil», na que os mais cativos ─e as familias que os acompañaban─ gozaron con música, baile e xogos, acompañados dos persoaxes da Patrulla Canina.

O domingo de Entroido, a pesares de que as condicións meteorolóxicas parecían non acompañar, a última hora o Concello, logo de consultar ás comparsas participantes, decidiu non pospoñer o desfile para non perder "o espíritu do entroido”, sinalaron.

O punto de concentración e a saida do Desfile de Comparsas foi, como tódolos anos, a carballeira de Turbela. No seu percorrido ata a Praza do Concello, a comitiva contou con distintos espectáculos, protagonizados polas comparsas e colaboradores.

Dende os mais cativos a mais maiores puideron disfrutar dun domingo colorido, de música e diversión. Un ano máis o desfile de Arbo contou coa participación de comparsas do veciño Portugal. Na lista de participantes, tamén había anotadas formacións chegadas de outros concellos limítrofes, aínda que o mal tempo fixo que non puideran acudir.

O Concello valorou o Entroido moi positivamente e salientou a súa satisfacción polo feito de que "compoñentes de comparsas de outros municipios, pensen en Arbo como un evento ideal e divertido para pasar o Entroido" feito que fala da boa organización do evento e do entusiasmo que poñen os veciños e veciñas do municipio.

O xurado composto por cinco persoas designadas entre o público asistente ao evento na Praza do Concello. O Concello quixo agradecer "a implicación de todos os participantes e a asistencia de público que permitiu que, este evento, fora todo un éxito".