I Forum Transfronterizo

Nenos e nenas de Arbo gozaron da Cabalgata dos Reis Magos

Un ano máis, os nenos e nenas do Concello de Arbo puideron gozar, na tarde de onte, da cabalgata dos Reis Magos que contou coa participación de máis de 50 nenos e nenas e de 20 Paxes Reais que tiñan a labor de axudar aos Magos de Oriente á hora de repartir os agasallos.

A comitiva real partía das inmediacións do cuartel da Garda Civil para rematar na Praza do Concello. Por primeira vez, veciños e veciñas do municipio veciño de Melgaço formaron parte de esta festa e fixeron unha representación do Belén.

Foron precisamente os veciños portugueses os encargados de abrir o desfile seguidos polos nenos e nenas que participaron no campamento de Nadal, cunha carroza que eles mesmos decoraron coa axuda da monitora. Seguíanlle as tres carrozas dos Reis que, amais do paxe Real, ían acompañadas por dez nenos e nenas disfrazados de motivos do Nadal, que repartiron caramelos e gozaron, como ninguén, dunha data máxica para eles.

O alcalde de Arbo, durante o acto de entrega das Chaves da Vila aos Reis Magos, agradeceu a todos os colaboradores, os figurantes no desfile, ao persoal municipal participante, aos Reis e a Garda Civil polo seu acompañamento e aos veciños e veciña do pais Veciño Portugal, “o esforzo realizado para que os nenos e nenas de Arbo gozaran de este día tan especial e cargado de ilusión”, así como a todos os veciños e veciñas e visitantes en xeral, que a pesares do tempo esperaron nas rúas e na Praza do Concello.

A pesar da ameaza de choiva, a participación tanto na comitiva como ao acto foi moi alta, e repartíndose aproximadamente un total de 400 regalos entre os nenos aos nenos presentes na actividade así como caramelos durante toda a Cabalgata.