Arbo remata diversas obras de mellora viaria financiadas pola Xunta

Camiño de Pardieira- Rozas-Sela Camiño de Pardieira- Rozas-Sela

O concello de Arbo vén de dar por rematadas as obras de mellora da seguridade viaria que se desenvolveron no camiño Merelle-Fontán, na parroquia de Cabeiras e as do camiños de Pardieira, en Rozas (Sela) e Searas en Teimende (Arbo). Os traballos forman parte do programa de mellora de servizos en infraestruturas de cara a permitir a dinamización do Medio Rural. As obras contaron co financiamento da Consellería de Medio Rural ao 100%.

Horacio Gil, alcalde de Arbo, explicaba que con estas actuacións, o Concello de Arbo busca seguir na mesma liña que leva dende a súa chegada ao Goberno de “mellora de infraestruturas viarias e camiños rurais” de xeito que permitan aos veciños e veciñas maior comodidade e seguridade nos seus desprazamentos.

Según manifesta o Alcalde, Horacio Gil, con estas actuacións, o concello de Arbo, pretende seguir na mesma liña que leva adoptando dende a súa chegada o gobernó, de mellorar os servizos en infraestructuras e camiños municipais, para facilitar os veciños e veciñas de Arbo unha maior comodidade no uso dos mesmos