Arbo inicia a tradicional campaña de recollida de xoguetes

O Concello de Arbo, un ano máis, da comezo á súa tradicional campaña de recollida de xoguetes, unha iniciativa coa que o Goberno local que preside Horacio Gil, busca que os nenos e nenas das familias máis necesitadas, poidan gozar do Nadal. A campaña rematará o día 11 de decembro.

Para realizar a campaña, na Casa do Concello e na Biblioteca Municipal, haberá senllas caixas nas que veciños e veciñas poderán deixar non só xoguetes, senón tamén libros, material escolar, xogos, bixutería e outros agasallos destinados a nenos e nenas ata os 14 anos.

O Concello de Arbo ponse a disposición de todas as familias que pasen por situacións complicadas, para que podan colaborar con elas neste tipo de iniciativas.