Arbo adxudica mellora a rede de saneamento en Teimende

O Concello de Arbo e Augas de Galicia, veñen de asinar un convenio de Colaboración polo que se concede a esta entidade unha subvención de 69.621,42 €, importe que subvenciona a obra de Reparación na rede de saneamento e rehabilitación de infraestructuras en Teimende.

As causas das chuvias torrenciais no Concello e filtracións na mesma estrada e beirarrua, e as posteriores inundacions, infraestruturas municipais como as de Teimende resultaron seriamente danadas. O Concello de Arbo, coa axuda da Xunta de Galicia, acometeu dende esa época varias obras de reparación das infraestruturas afectadas.

Horacio Gil, alcalde de Arbo, explicou que a obra "realizase na súa totalidade dentro do dominio público da propia via, e esperase un impacto notable aos efectos sobre o paisaxe e na calidade do servizo de saneamento, así como unha mellora na imaxe do casco urbano tendo en conta que e unha Rúa de Acceso o Casco urbano do Concello".