Arbo acomete a mellora do saneamento na rúa Antonia Tovar

Rúa Antonia Tovar. Arbo Rúa Antonia Tovar. Arbo

O Concello de Arbo e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia veñen de asinar un convenio polo que o Goberno galego concede a Arbo unha subvención de 100.000 € ─ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2017─, para levar a cabo a obra denominada «Mellora do saneamento na rúa Antonia Tovar».

As chuvias torrenciais acontecidas no ano 2016, orixinaron serios danos ás infraestructuras municipais e unha das zonas afectadas foi a rúa Antonia Tovar. En setembro do 2016 o Concello de Arbo e a Xunta asinaban un primeiro convenio para a execución do proxecto denominado «Urbanización da rúa Antonia Tovar» co que se acometía a primeira fase da mellora desta rúa.

A obra denominada “Mellora do saneamento na rúa Antonia Tovar”, financiada ao 100% polo Goberno galego, corresponde a segunda fase da mellora que se esta desenvolvendo na antedita rúa Antonia Tovar.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, explicaba que os traballos realízanse na súa totalidade “dentro do dominio público da propia vía” e, unha vez rematados, permitirán unha notable mellora na calidade do servizo de saneamento. A esto, engade Gil, “únese unha mellora na imaxe do casco urbano tendo en conta que Antonia Tovar e unha rúa de acceso ao casco urbano do Concello.