Arrancan as obras no sendeiro do río Deva en Arbo

Sendeiro da Moura Sendeiro da Moura

A Consellería de Medio Ambiente ven de iniciar as obras de acondicionamento do sendeiro do Río Deva. Os traballos consisten na roza manual do trazado, a mellora do camiño, instalacion dunha pasarela de madeira e escaleiras, construcción dun muro para estabilizar o camiño e instalacion dun panel interpretativo coa información relativa ó sendeiro. O  Concello de Arbo solicitara na Consellería de Medio Ambiente colaboración para impulsar o acondicionamento do Sendeiro dende o Río Deva ata a Praia de San Xoan.

Desde xeito o goberno local prosegue o seu obxectivo de pór en valor o entorno do cauce fluvial a través de acondicionamentos de sendeiros, mobiliario na praia fluvial e a divulgación de rutas a través de paneis informativos. Neste marco a citada conselleira, comezou as obras de previstas que consisten na roza manual do trazado, a mellora do camiño, a instalación de pasarela de madeira e escaleiras, construción dun muro de cachotaría para estabilizar o camiño e instalación dun panel interpretativo coa información relativa ao sendeiro.

Segundo manifestou o alcalde, Horacio Gil, pretendese continuar co sendeiro que une a Praia fluivial do Rio Miño, que vai ata o Rio Deva a Altura do Rio Deva, unha zona de extraordinaria beleza na que se mesturan de xeito case que único o patrimonio cultural, histórico e natural. Todas estas actuacións pódense encadrar dentro do Plan de mellora que se ten previsto para conseguir que Arbo, "siga a ser un referente turístico nacional",

O plan leva aparellado tamen os traballos de rehabilitación da ponte románica de San xoan, obra que realizara a Consellería de Cultura logo do convenio asinado en Abril de 2017 e as que se unirán as obras realizadas ata o momento, polo Concello para recuperación, mellora e posta en valor do seu patrimonio cultural, histórico e natural. Entre estas obras destacan os traballos de rehabilitación de varias pesqueiras, mellora e ampliación do Sendeiro dos Pescadores, colocación de paneis informativos e p arreglo das praias fluviais de Sela e da Estación de Arbo. Á colocación de miradores sobre o rio Miño, súmase a ruta das pesqueiras, a humanización da rúa Antonia Tovar e  a declaración da Festa da Lamprea como Festa de Interese Turístico Nacional.