Quince traballos, no primeiro concurso de redacción infantil «Arbo, unha viaxe no tempo»

Un total de quince redaccións presentáronse ao concurso de redacción infantil «Arbo, unha viaxe polo tempo» que o Concello organizaba por primeira vez co obxectivo de que os máis pequenos do municipio, explicaran a súa visión dos aconteceentos que tiveron lugar no municipio ao longo da historia. O concurso, que se celebraba por primeira vez, ía dirixido aos nenos e nenas de Arbo en idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos.

Os quince traballos presentados, con temática baseada nas costumes e historia de Arbo, foron examinadas por un xurado presidido polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, e do que formaban parte Raúl Rodriguez, concelleiro de Cultura e María Puga, encargada da Biblioteca Municipal e monitora do Campamento de Verán.

Horacio Gil, amosou a súa satisfacción "coa acollida que esta actividade tivo entre os nenos e nenas de Arbo e que quere seguir achegando aos mais cativos lembranzas da Nosa Vila". Nese tipo de actividades, cómpre lembrar que os nenos e nenas participantes no campamento de verán, tamen tiveron unha xornada que os achegou, a través de xogos e como sempre moita diversión, "a coñecer lendas e costumes dos nosos ancestros asi como de persoaxes importantes que viviron o teñen vinculación con Arbo", sinalaba o alcalde de Arbo ao que engacía que "esta non será a única actividade que se desenvolv para seguir dando a coñecer a historia de Arbo".

1 comentario

  • Silvia Rodríguez
    Silvia Rodríguez Martes, 22 Agosto 2017 14:22 Enlace al Comentario

    Deberían de informarse mellor a hora de facer os seus artigos. A bibliotecaria dende hai mais de 25 anos e Matilde Fernández. Grazas.