Arbo e a suas parroquias, un gran atractivo para a televisión

O equipo do programa da TVG «Grandes lugares» desprazouse ata Cabeiras, en Arbo, para amosar a beleza natural, histórica e patrimonial desta parroquia. O programa, a través dos veciños e veciñas, puxo en valor o monte e capela de San Fins e a romaría que todos os anos desenvólvese nese lugar o primeiro día de agosto. Estando en Cabeiras, non se podía pasar por alto o Belén Vivinte que todos os anos celébrase polo Nadal, nin unha visita ás adegas da zona.

«Grandes lugares» ocupouse tamén da igrexa de Cabeiras, e falouse de artesanía, tradición, das súas xentes e doutras moitas cousas que, veciños e veciñas de Arbo, poderán ir descubrindo coa emisión do programa en vindeiras datas.

Non é a primeira vez que este programa da TVG visita o concello de Arbo. En outubro do 2016, o equipo desprazábase ata a parroquia de Sela para, a través dos veciños que son os auténticos protagonistas do programa, coñecer as súas tradicions, os monumentos e os detalles máis significativos de este fermoso recucho de Arbo.

Daquela, o programa puña en valor as pesqueiras, a praia fluvial de Sela, a ruta das pesqueiras, as augas medicinais de Sela, as pinturas murais da Igrexa parroquial santa Mariña de Sela, a augardente, a festa da Colleita e a pesca da lamprea. De feito, os veciños incluso asaron unha lamprea para degustación deste manxar e demostraron ser "unha fermosa, amable e agarimosa parroquia", sinalan dende o Concello de Arbo.

O Concello quixo agradecer tanto ao programa «Grandes Lugares» como á propia TVG que se lembrase "desta Vila e dos seus lugares e esperamos que esta non sexa a ultima vez, porque Arbo, ten moito que ofrecer", aseguraron.