Arbo clausura as «I xornadas futbolísticas» organizadas polo Concello

O alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito, clausurou esta maña no campo de fútbol municipal de Arbo, as «I xornadas futbolisticas» organizadas polo Concello de Arbo. O «Campus de fútbol», como as chaman os 16 nenos e nenas que asistiron durante estes tres días a esta iniciativa, desenvolvida ao abeiro do programa do verán cultural 2017, foron todo un éxito.

O alcalde Horacio Gil, destacou o feito de que as xornadas "cumpriron coas expectativas de animar aos máis pequenos á práctica do deporte como unha actividade saudable". Amais, engadiu o rexedor municipal, "estas iniciativas fomentan valores com a amizade, o traballo en equipo dun xeito ameno e divertido".

xornadas futbol03

Na clausura, Horacio Gil fíxolles dun agasallo aos participantes que, pola súa banda, pediro máis días para esta actividade, "algo que o concello está comezando a estudar".

Horacio Gil agradeceu a nais e pais "que confiasen no Concello nesta iniciativa" agradecemento que o alcalde de Arbo quixo facer extensiva "a Dani Carballo, coordinador de estas Xornadas, polo seu esforzo e dedicación, sempre de maneira desinteresada cos nenos e nenas desta Vila".