Vinte alumnos concluiron o Obradoiro de Emprego 'II Paradanta'

Cores Touris cos alcaldes da comarca na entrega de diplomas ós alumnos que remataron o obradoiro. Cores Touris cos alcaldes da comarca na entrega de diplomas ós alumnos que remataron o obradoiro.

O Delegado da Xunta, Xose Manuel Cores Touris clausurou o obradoiro de emprego 'II Paradanta'  nun acto desenvolvido na Casa Consistorial de A Cañiza ao que acudiron os alcaldes de Arbo, Crecente e Covelo. O obradoiro, que comezara en setembro de 2016, formou a vinte participantes  en fábricas de albanelería e actividades auxiliares de conservación e mellora de montes.

En Arbo, o desenvolvemento deste obradoiro  permitiu acometer ia reparación e reacondicionamento dos lavadoiros da Estación, das Regadas e de Vilaverde; a plantación, poda e limpeza dos parques de San Antonio e Rial do Pazo, o xardín do Lavadoiro de Turbela ou o acodicionamento da rotonda de San Benito, explicou o alcalde, Horacio Gil Expósito.

O Delegado da Xunta así como os alcaldes da Paradanta, mostraron a súa satisfación e felicitaron os alumnos polo traballo realizado en estes meses, coincidindo todos que este tipo de acción, axudan as persoas desempregadas a que logren reinsertarse laboralmente.